Friday 17 de May de 2024

Fallo do concurso de Cartel e Postal de Nadal 2023


Hoxe, mércores 29 de novembro, tivo lugar no Pazo de Cultura a reunión do xurado que fallou o Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2023, convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Carballo.

O xurado estivo constituído por alumnado dos centros de ensino do CEIP Fogar e do CEIP Xesús San Luís Romero, un representante da Asociación Cultural Ría de Lema, Beatriz Neira, un representante da AA Senda Nova, José Manuel Meñéndez, un deseñador gráfico, Óscar Vázquez, o representante da empresa colaboradora do concurso Todo Lar, José Manuel Naya, e en nome do Concello de Carballo, o Concelleiro de Seguridade, Juan Seoane e a monitora cultural, María Martínez.

Nesta edición participaron os seguintes centros educativos, cun total de 1.136 debuxos presentados: CEIP Bergantiños, CRA Ponte da Pedra, CEIP Fogar, CEIP Xesús San Luís Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán, CEIP A Cristina e Colexio Artai.

Logo das oportunas deliberacións, resulta elixida como 1º premio POSTAL GAÑADORA cun regalo valorado en 175 € aproximadamente, a presentada por Aroa Limideiro Remuiñán, de 11 anos do Colexio Artai. Tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertenza o gañador deste galardón, outorgaráselle un premio por valor de 150 € en material didáctico e que este ano recae no Colexio Artai.

En segundo lugar, resulta elixido como 2º premio valorado en 100€ O CARTEL GAÑADOR presentado por Ángel Fuentes Arijón, 6 anos do CRA PONTE DA PEDRA-ARTES.

Ademais, concédense os seguintes ACCÉSITS, que recibirán un premio por un valor aproximadamente de 60€:
Nuno Alonso Ledermann, 10 anos do CEIP Fogar,
Lucia Pombo Fernández, 6 anos, do Cra Ponte da Pedra-Artes
Teo Fraga García, 11 anos, do CEIP Gándara-Sofán
Mariña Martínez Fraga, 6 anos, do Cra Ponte da Pedra-Artes
Xián Pose Señarís, de 10 anos, do CEIP A Cristina
O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, así como portada do programa do Nadal Cultural que recolle tódolos actos culturais que se celebran durante o Nadal en Carballo.